Esta é a páxina de desenvolvimento e distribución da Nova Outubro, un tipo de letra para as computadoras baseada nos deseños do Daniel R. Castelao. A Nova Outubro xa levaba anos en distribución a través de internet en Cousas da Aldeia dos servidores de Geocities, que foron pechados en 2009 coa conseguinte desaparición do sitio xunto moitos outros.


A Nova Outubro fixémola en Peniche (Vigo. GZ) un par de amigos no ano 2000, e ainda que non é material profisional acadou bastante éxito xa que non existían nese momento alternativas de uso libre e gratuíto. Ao longo dos anos apareceu en pegatinas, bares, restaurantes, tendas, centros asociativos, colexios, latas de grelos, mecheros, bolígrafos, garrafas de viño, páxinas de internet e moitos outros soportes.


Só ten que carregar no seguinte enlace para descargar o arquivo da fonte ao seu PC e despois instalar segundo corresponda ao seu sistema, a partir de aí poderá empregala nos seus documentos coma calquer outra fonte.


30 dic 2009